Tamén podedes visitarme en... milenio is different

A BANDA DE AGOLADA

O conxunto musical de Agolada está formado por alomenos 50 músicos cunha idade media de 20 anos mais ou menos. Esta é unha banda das máis xóvenes de Galiza xa que nace no 1993 -cumprirá 15 no 2008- despois da desaparición da Banda Cultural de Brántega. O primeiro director que tuvo foi D. José Manuel Collazo, aínda que este pouco durou porque no 1994 faise co mando D. José Luis Quitás Carreira. Foi este mestre quen lle deu un impulso a Escola de Música de Agolada e así garantir o futuro da Banda durante moitos anos máis. Pero bueno este ano 2007 tocou renovación de director e actualmente exerce o cargo D. Nilo Jesús García Armas.

A formación ten un historial interesante maila súa brebe historia, xa que gañou duas veces consecutivas o certame de banda da Excelentísima Diputación de Pontevedra (Na terceira sección), e tamén un segundo (na segunda sección). Tamén tivo presenza en varios certames en Tomar e Vilanova de Cerveira (Portugal) ou, por exemplo en, Alcobendas (Madrid). O próximo día 12 de agosto terá lugar en Agolada, no marco das xornadas de artesanía do mercado mediaval, un certame de bandas que atraerá a presenza de agrupacións de contrastada calidade e reputación, como a Banda Municipal de Lalín ou a de Beade e, evidentmente a de Agolada.