Tamén podedes visitarme en... milenio is different
8 pegadas

CONCHERTO!!!!!!!!!

A actividade cultural no pobo de Agolada segue a medrar cada día máis, aínda que neste caso veña de fora. Unha coral da terra da pasta. Quero dicir, unha coral italiana.

" La Septtima Nota" así se chama o conxunto musical que chegou fai un par de días a nosa terra moitas ganas de coñecelo sitio e como non, deleitarnos coa súa música.A verdade é que non veu por vir, xa que esta actividade ven dada dun plan de intercambio, "Encontros Internacionais de Música Coral". A nosa coral foi a Italia fai un par de meses, perante unha semana, alí desfrutaron do turismo e actuaron na mesmesema Roma.Este proxecto de intercambio ten múltiples finalidades, como a amizade entre corais, visitas turísticas ou a promoción da música tradicional galega en Italia e outros puntos de Europa, xa que tamén a nosa coral fixera encontros con Francia.A verdade é que son dúas formacións ven distintas porque a coral italiana fai unha música moito máis espiritual e relaxada mentre que a coral de Agolada, aínda que cantan moi ben, nótase que somos galegos, jaja. Para rematar os nosos amigos italianos difrutarán de visitas a Santiago de Compostela, A Coruña ou Allariz, e o domingo voltarán para a súa terra.

10 pegadas

QUE PEREZA!!!!!!!

Hola de novo amigos, despois dunhas vacacións tomadas repentinamente aquí volvo estar con vos, aínda que un pouco desanimado, seica é o síndrome postvacacional, pero bueno haberao que superar. Voltamos as choivas de orballo, voltamos ó traballo... voltamos a rutina e como non a continuar esta historia de Agolada na rede. Aínda que un pouco esgotado e con moita ganiña de descansar, como ben menciono no título voltarei para tervos a todos vos informados día a díia de todo, ou case todo o que pasa neste pequeno pobo. Bueno a verdade e que xa sabedelo roio todo, pero e que non se me ocorre que poñer, así que aínda que a entrada quede un pouco curta, ó dito, xa volvo estar activo como blogueiro agoladense que son, espero que pasemos outro ano máis xuntos e cas mesmas ganas de postear ca sempre así que, animo!! que logo volve chegalo verán.

10 pegadas

algo novo

O outro día o meu amigo David do blog de d'Agolada acaboume por convencer para crear un novo blogue. E aquí estou despois de estar unha tarde diante do ordenador configurando as chorradas, despois de estar outra tarde pensando no título e de escribila primeira entrada por fin podo estar orgulloso de poder decirvos a todos que o blog dase por inaugurado. É un blog sencillo para pasar un bon rato e disfrutar del (se se pode), alí falarei do que me apeteza en todo momento, intentarei que sexan "temas tontería" por decilo dalgunha maneira pero que espero que vos gusten, alí podedes comentar o que vos apeteza SEN CENSURA!!. Bueno espero que moitos de vos tamén vos animedes a crear outro blog algún día e ir facendo co noso traballo que a blogosfera sexa moito máis grande do que é así que sen máis, podedes visitar...................


.espero que vos guste.

9 pegadas

un saúdo especial

Hoxe é un día moi caluroso, por iso voubos poñer unha entrada que xa tiña na reserva dende hai bastante tempo. É o saúdo do meu alcalde, Ramiro Valera. Aínda que o critique un pouco ás veces as súas " tolas decisións" é un alcalde estupendo (dentro do cabe, pero para ser un político...).Velaquí tedes o saúdo que vos manda 0 alcalde a tod@s vos, pola vosa compañía e amizade que espero que forades collendo co pobo de Agolada durante este "ano e pico" que leva o meu blog aberto...

Con Motivo da posta en marcha deste proxecto, gustaríame aproveitar a ocasión para, en nome de todos os veciños , darvos a benvida a esta, vosa casa, ubicada no corazon da Galicia Verde.Dende esta fiestra poderedes percibir parte da esencia de Agolada, e para elo, tentaremos ir medrando en contidos de xeito que as sensacions sexan o mais reais posibles.
Sabedores da dificultade que é transmitir todo o que supón a realidade, e máis sabéndonos posuidores do don extraordinario de vivir no medio dun espazo privilexiado, no que non faltan, rumorosos rios, verdes bosques, rica cultura, bo facer culinario,un patrimonio envexable, e sobor de todo unhas xentes, para as que ninguén é foráneo, e, por si vos apetecera, despois de ollar por esta fiestra , achegarvos a nosa casa, sabede que en Agolada temos as portas sempre abertas para a xente de ben .
Unha aperta a tódolos lectores de asbeirasdoarnego
A verdade é que está moi ben é aínda que llo fixeran na xestoria, pois mira... polo menos acordouse de nós, con ista entrada tamén quero aproveitar para darvos a tod@s persoalmente as grazas por estar ahí apoiandome día a día, sexades galegos ou non, e por axudarme a continuar con iste proxecto que pretende (aparte de entreter o meu ocio persoal) poñer ó pobo de Agolada nalgún lugar do mapa, cousa que ata agora foi imposible de conseguir. De novo...
MOITAS GRAZAS os galegos!!
MUCHAS GRACIAS a los no gallegos!!

16 pegadas

lendas.. verdade ou mentira??

Agolada é unha das terras máis máxicas da nosa comunidade, seguramente como din por ahí é terra de meigas e asegurovos que de todo o que vos poidades imaxinar... Non hai máis ca ver estas lendas que o demostran, naide sabe se son certas e a verdade sinto curiosidade, pero creo que me vou quedar ca duda. As miñas versións sobre estas lendas son moi básicas pero intentarei redactalas o mellor posible. A primeira que vos relatarei é a do misterioso pasadizo secreto do Castelo de Amarante.
Conta a lenda que no Castelo do Castro de Amarante, entre Agolada e Antas de Ulla, concretamente no forno da cociña principal, existe un pasadizo segredo que según contan leva ata o Monte Farelo a poucos kilómetros de ali.
Segundo a versión popular o castelo perteneceu a unha familia poderosa, que construíra o pasadizo co traballo dos seus escravos e ca idea de poder escapar por alí en caso de guerra ou loita, e fixeron ben, porque aínda que non se sabe moi ben a data este castelo foi derruido polos Irmandiños, foi volto a reconstruir e foi de novo desmouchado por orde dos reis Catóticos.
O castelo leva tempo abandonado polo que unha maleza de silvas e toxos apoderouse del. Pero a lenda segue viva... contase que un veciño do pobo deulle por soltar un capón polo pasadizo para ver que pasaba e os dous días o capón apareceu un pouco debilitado pola fame, pero apareceu no cume do Monte Farelo.
Agora vouvos contar a historia da meiga de Brántega.

Di a historia que uns mozos foran a unha festa, e que o volver para a casa, xa ben pasadas as 10 da noite se lles apareceu unha meiga, que tirou a un deles polo barranco abaixo. Os amigos intentarono axudar, pero eran tales os poderes da meiga que os acabou por tirar a todos. Según contan un deles logrou saír e foi avisar os veciños para ilos rescatar. Os mozos ían debiles con moitos cortes e mazaduras. Cando chegaron a casa preguntaronlles que lles pasara, e relataron polo miúdo todo o sucedido... que se a meiga... que se o barranco...
Lóxicamente ninguén os creeu, pero uns días máis tarde outros veciós tiveron encontro ca mesma meiga e o desenlace foi exactamente o mesmiño. Haberá bruxa en Brántega??????

En Agolada hai moitas lendas máis, como a da Reina Moura Marcela do Castro de Marcelín eu acabo de contar as más coñecidas... estes sucesos paranormais chamanme moito a atención non sei se que a xente se volve cada día máis tola ou se é verdade pero eu case que me decanto pola primeira...

18 pegadas

30º

Por fin!! o verdadairo verán xa chegou. As altas temperaturas comezan e as piscinas a pesares das serias difucultades que tiveron tamén, xa abriron, os rapaces saen a rúa xogar e os vellos a terraza disfrutar... Así e o mundo de Agolada cando chega a estación preferida por case todos nós, o verán. Decidinme a publicar esta entrada porque aquí a verdade, poucos días se chega como digo no título os 30º de temperatura.

Concretamente hoxe é un día demasiado caluroso, destes nos que non che ganas de facer nada, nin sequera de publicar no blog, todo despexado, nin unha soa nube que che sombra, só quedan esas árbores na praza que te alivian cada vez que mareas, e como non esa puta abella que non para de tocarche ... o que non debe, molestando na mentres que estas na piscina, na rúa ou onde sexa e que non ha parar ata picar. Este un día calquera de verán aquí, tamén hai chove nos que non sale ninguén a rúa e te tes que quedar na casa aburrido, e cando te das conta, ata botas de menos a abella tocapelotas.

E iso si como non, non pode faltar o escándalo do momento... xa que seica as piscinas teñen unha fuga que aínda por reparar, pero teñenas abertas, menos mal que non cobran a entrada como fai dous ou tres anos. E tamén polo que parece a calor revoluciona as neuronas pero non para ben precisamente, xa que onte intentouse suicidar o tipo da cadena 100 por unha revolta amorosa e outra señora tirouse da ventá da súa casa. No, se... dende logo como está o mundo. Por certo nesta entrada non quería parecer a típica vella rosmona pero... en fin, parece que a calor tamén me revoluciona a min as neuronas.... jejejeje. Bueno deixovos esta foto, que me quedou moi bonita.

10 pegadas

DE TROULA!!

Hola de novo, sinto esta ausencia que sufriu o blog ultimamente, pero e que estivemos de festa, as nosas festas patronais, O SAN PEDRO. As mellores festas do mundo mundial.

Este ano houbo moitos problemas para podelas facer, sobre todo problemas de presuposto pero ao final foi todo un exitazo. Conseguiuse abrir un oco, polo menos, na miña axenda. Foron 3 días estupendos, cheos de diversión e ilusión a mellor forma de comezalo verán.

Aínda que haino que dicir todo, e hai que recoñecer que as festas este ano foron algo desorganizadas, sobre todo en temas como os horarios que non se poñian dacordo, a pesares de todo haille que dar as grazas a pequena comisión de festas, improvisada a última hora xa que fixeron un labor estupenda pero como din por ahí, mentres que haxa alguén que manteña unha idea, esa idea tira para diante, e iso foi o que pasou aquí.

Nesta entrada tamén quería aproveitar para correxir o meu amigo blogueiro d´Agolada, e dicirlle que primeiro se asegure das cousas que di, xa que na súa entrada, aínda que tamén valora o traballo da comisión, pon que as festas foron un desastre pero querería que me contara por que lle pareceron un desastre.

En fin como din por ahí vale máis unha imaxe ca 1000 palabras así que quedades con este minireportaxe fotográfico.