Tamén podedes visitarme en... milenio is different

O RURAL

O Rural pódese definir como outra forma de vida diferente. A beleza é un dos complementos indispensables neste entorno, como xa vos amosarei máis adiante. Aquí nas nosas parroquias coñecemonos todos, que si fulanito ou menganito fai esto... pois os dous días xa se enterou todo o concello. Agora vou concretar un pouco máis, eu estouvos a falar dende o mundo rural de Agolada este está na provincia de Pontevedra. Non somos un concello moi poboado aínda que bastante extenso. Estamos no centro desta nosa comunidade, e na comarca do Deza na que reina Lalín. A maior altitude deste sitio atópase na serra do Farelo cuia máxima alcanza o Monte Farelo con 956 m de altituude. Tamén temos unha rede fluvial bastante importante no cual destacan o Río Arnego e o Río Ulla. O noso clima non se pode dicir que sexa moi caluroso aínda de tampouco moi frío, no inverno a temperatura media ronda os 6º C mentres que no verán a media pode acadar os 22º C. O problema e que aquí chovenos bastante a todos no sentido de precipitacións que se fixan aproximadamente en 1.320 mílimetros. Voubos amosar unha vista aérea do meu pobo: