Tamén podedes visitarme en... milenio is different

XA CHEGARON OS REIS!!!!!!!


Xa o día 5 de xaneiro como de costume chegaron os reis magos de Oriente. Despois dunha larga viaxe chegaron aquí o meu pobo, Agolada. Os nenos e non tan nenos, nos que me incluio puxéronse moi ledos ó velos. Estes repartiron lambetadas, xoguetes e sobre todo moita ledicia. Coa colaboración dos habitantes tamén se puido facer coma tódolos anos unha carroza da que de seguido vos amosarei as fotos. Como curiosidade (¿?) pódovos dicir que un dos meus amigos xa se cree moi grande como para ir os reis magos este amigo que aínda non mencionei no blog chámase David, e é un dos meus mellores amigos. Bueno creo que me estou enroiando demasiado asi que espero que vos gusten as fotos.