Por xa, seis ou sete( xa non levo a conta) anos consecutivos, a Escola de Fútbol Sala de Agolada, abríu unha vez máis as súas portas, cun campionato local polo cancello. Este ano con respecto a anos pasados os "estatus" por chamalos dalgunha maneira xa non están tan definidos, as tres categorías: benxamín, alevín e infantil, agrupáronse só nunha, chamádelle como queirades, por exemplo "benalein", con todo isto quero dicir que agora estamos todos mesturados, da igual que teñas 5 anos ca que teñas 14 coma min. E deprimente dicir isto, pero débese a escasísima xente xove, por chamalo dalgunha maneira, cunha idade comprendida entre 5 e 14 anos que hai por aquí. Na Escola chegamos a ser máis de 50 mentres que agora se chegamos a 30, xa bo é. Aquí tedes unhas fotos da final do ano pasado. ¿Apuntádesvos?:
5 pegadas:
Pero si ahí salgo yooo!! Vaya careto tengo nen xDD
Bueno Dani que...muy interesante ehh, no se si ya me había pasado pero bueno, eso ya me ire metiendo xD
Alaa patooons
Tes un regalo no meu blogue, se publiquei algo maís cando ti o visites, busca. Espero que che guste. Bicos (Xa me contarás)
Si eu escoitara falar da escola de fútbol de Agolada. Aquí en Lalín tense moito en conta, din que é moi boa. Moitos saúdos
Tes unha ligazón no meu blog. Bicos
Si amigo meu, pero ti es mais vago que o ollo dun tuerto.
¿Porque non ves os entrenos este ano......?
Publicar un comentario