Tamén podedes visitarme en... milenio is different

CONCERTOS DE PRIMAVERA - BANDA DE AGOLADA

Xa por segundo ano consecutivo a Banda de Agolada está a realizar no seu concello, por estas datas, os, xa logo tradicionais CONCERTOS DE PRIMAVERA. O obxectivo dos mesmos é "atraer" hacia a banda tanto xente xove como xente anciá, para que estes poidan disfrutar do espectáculo aínda que non sexa en festas. Estes concertos estanse a realizar os domingos, polas numerosas aldeas de Agolada, que non son poucas, e arredor do mediodía, cando a xente sae da misa e se pon a tomar o vermú. Hai que engadir que estes concertos son remunerados de forma indirecta os músicos, xa que esta iniciativa empezouse a levar a cabo co fin de conseguir unha subención da Xunta de Galicia, que ó final non se conseguiu, aínda que sempre che queda o bo rato na memoria, a nós e espero que á xente tamén, ou non sei se iso pero portanse moi ben con nós xa que tódala xente despois de tocar, como ten que ser, invitanos a tomar uns "pinchiños" no bar do Pepe. O ano pasado fomos por unhas seis aldeas, aínda que este ano reducíronse a catro, estou seguro que a nosa xente non nos fallará, e viranos ver onde faga falla. Por se non o comentei antes, estou facendo este artigo en primeira persoa, porque eu son un dos componentes desta fermosísima banda, e toco clarinete segundo na mesma. Xa logo empezan, xa que este domingo é o primeiro en Trabancas arredor da unha e media... tamén actuará o día 13 en Baíña o día 20 en Artoño e como non o día 11, pero de maio, en Agolada. Espero que este ano sexa tan bo como o ano pasado, ou quizá mellor, heibos de seguir comentando como van, e espero ver a algún de vos por alá, jeje.. Ata o próximo post.

5 pegadas:

Fini Calviño dijo...

Qué bien que nos tengas informados/as, ya contarás como les están yendo. :-D

chimeneaverde dijo...

Pues ensaya mucho, seguro que os sale genial. ¿Qué obras tocáis?

Cuspedepita dijo...

Pois eu estou un pouco lonxe de A Golada para poder escoitarvos, pero xa me gustaría...
Ánimo coa tempada e que cada vez vaian a máis os concertos das aldeas, que me parece unha iniciativa estupenda.

HADEX dijo...

Hai anos dinlle clase de Latín a unha rapaza que tocaba na banda da Golada....creo que se chamaba Tania....

Bea dijo...

Boa iniciativa o dos concertos de primaveira!! sip!! veña un besiño!