Tamén podedes visitarme en... milenio is different

ENTREVISTA A NILO GARCÍA ARMAS - CD DA BANDA DE AGOLADA

O outro día o periódico Faro de Vigo, tivo a honra de entrevistar o director da Banda de Agolada, -NILO JESÚS GARCÍA ARMAS-, co motivo do novo, e primeiro CD da Banda que sairá a venda o día 25 de maio, coincidindo ca festa do socio da mesma. Este foi grabado no Auditorio de Vilagarcía de Arosa, co motivo do 15 aniversario da Banda. Bueno aquí vos deixo a entrevista:

Como xurdiu a idea de gravar un disco?
"Era unha idea que xa barallábamos dende hai tempo, pero con motivo do 15 aniversario da banda, neste 2008, decidimos darlle forma. Digamos que vai ser unha das principais actividades para festexar este cumpreanos. O título deste álbum aínda non está decidido, seguro que se fará referencia ó aniversario."
Que temas recollerá este primeiro traballo?
"Pensamos gravar nove pezas, entre o sábado e o domingo, aos que se engadirán outras tres pezas xa gravadas con anterioridade. En canto aos estilos, incluiranse, zarzuelas, pasodobres e incluso unha Muiñeira dos Pendellos, composta por Juan Lois, director da banda de Sta. Cruz de Rivadumia. O disco foi gravado cos medios da Radio Galega, e distribuiranse entre os socios e os veciños de Agolada. Seguramente a presentación deste primeiro traballo teña lugar durante a festa do socio, en maio."
A inclusión dun tema sobre Os Pendellos pode considerarse como un intento por poñer en valor este recinto?
"O certo é que a todos os compoñentes da banda nos apetecía interpretar un tema que fixese mención a nosa vila natal, e ademais desta muiñeira tamén tocaremos un pasodobre adicado a Agolada. Esperemos, tamén, que este tema sirva para celebrar que, finalmente, se vai proceder á restauración deste entorno arquitectónico tan importante para o municipio e para a historia recente dos galegos."
A banda que vostede dirixe ten unha media de idade de 20 anos, unha das máis novas de Galicia. Semella que o interese por aprender música segue a medrar?
"Penso que si, posto que, dos 50 integrantes da banda, a maioría son rapaces moi novos, e na Escola de Música tamen se conta cunha alta porcentaxe de matriculados. Pero non se trata só do interese dos alumnos, senón tamén dos propios veciños. En 2007 tivemos moi boa acollida nos concertos de primavera que organizamos polas parroquias do concello. Hai que lembrar ademais, que a banda sempre tivo un gran respaldo por parte dos veciños dende 1993, cando se vreou esta formación despois de que desaparecese a banda de Brántega e que dende entón quere manter viva a tradición doutras bandas que houbo no concello."
Bueno, con isto queda asegurado que o disco é de calidade, eu creo que sobran as palabras, que xa dixen bastantes por hoxe, perdón polo "tostón" pero o tema merecíao. Ei de colgar a música do CD cando saía a venda aquí neste blog, así que ata a próxima. Podedes visitar tamén a páxina da banda, http://www.bandadeagolada.com/.

6 pegadas:

nestor dijo...

Hola... todo un periodista amigo, muy buen reportaje. Si bien está escrito en gallego se entiende muy bien.

Un abrazo

d´Agolada dijo...

Bueno, bueno, bueno, que cara lle botas, escribo un comentario dicindo que lle estás mentindo ós teus lectores porque estás contando unha mentira na entrada e ti vas e censúralo, como te pasas, mereces que non che volvan escribir. Pois o caso é que dis que o Faro de Vigo publicou esa entrevista o outro día cando o fixo en xaneiro e enriba tes a cara dura para dicir que a fixeches ti xunto co mencionado periódico cando foi só o periódico, como te pasas... Bueno, xao e mira o correo electrónico que che interesa.

interpreta-sones dijo...

cuántas cosas en agolada!! un pueblo con vitalidad, sí señor.

Eva dijo...

Non sabia da Banda de Agolada, será por bandas en Galicia, aledome que esta ahí facendo cultura...porque falando de bandas, non sabedes a sorte que teñen os músicos tanto afeccionados (¿dise así en galego?, eu con tanta normativa nova tou que non me aclaro, eu dixen sempre aficionao asi o monte) pois como iba contando, tanto ises como os profesionais; `porque así saen a tocar mais de campo, disfrutano a tope, en outras comunidades, ou polo menos en Madrid, e todo como de elite e escaso, quero decir, que non ves bandas por ahí tocando,e os grupos pequenos de metais, cordas... non teñen moitas actuacións, o que predomina e sobre todo orquesta, pero pagando unha pasta por ver profesionais, incluido grupos.... Botase de menos a festa de banda...un sempre aprecia o bo cando non o ten.... E agora xa sendo maís indiscreta, ¿tes relación coa banda de música ou e so admiración musical?

Bea dijo...

POis que boa idea o do cd da banda!! todo por promocionar Agolada!!! besiños!!

asbeirasdoarnego dijo...

si d´Agolada no che falta razón a entrevista xa foi en xaneiro, concretamente o día 31, pero acaso a día 31 de xaneiro non foi un día mais??, por certo perdon por borrarche o comentario foi sen querer, andaba estribillando e... espero que no che importe