Tamén podedes visitarme en... milenio is different

MIRANDO AO FUTURO

Cada día a sociedade española, (según din) está máis avanzada, aínda que actualmente estemos en crisie. Día a día vemos como os fillos medran e as fillas empezan a ligar cos mozos... ó fin e o cabo é lei de vida. Pero parece que aquí, aínda que os anos seguen pasando, coma a todos os lados, a "nosa sociedade", non evoluciona, é como se seguiramos nos 60, e eso que estamos nos 08 (ou algo así). Nesta localidade, aínda nin sequera hai ADSL, como é común en todas partes, xa por non falar de temas maiores... agora que saco o tema do ADSL , aproveito para dicir que, aló polo mes de decembro ou xaneiro, xa non me acordo ben, saía o noso alcalde decindo na prensa que as obras do ADSL remataría para septembro... e eu non me explico que van facer, porque xa pode ser maxia. Aínda que bueno, parece que pouco a pouco todo empeza a cobrar algo de "vidilla". Xa nos acaban de dar un novo orzamento para seguir as obras do auditorio, e eso que levan case un ano paradas, e con dous "mamarrachos" traballando só de tarde. Tamén como xa mencionei, van empezar as obras DUNHA VEZ POR TODAS no recinto dos Pendellos, e aínda que estamos nunha seria crise económica, a Deputación Provincial de Pontevedra, acaba de dar o permiso para que empecen cas obras da segunda fase do polígono industrial. Creo que aínda que esteñamos no medio do monte, a xente de por aquí está empezando a abrir os ollos, e darse conta de que levamos moitos anos parados e xa é hora de espabilar...

14 pegadas:

d´Agolada dijo...

Si Dany, por aquí por Agolada o futuro é só unha imaxe, algo que sabemos que está ahí pero que non vemos no noso entorno, sen dúbida unha desgraza. Saúdos.

Eva dijo...

Estou moito de acordo co que dis, porque realmente non só pasa na túa vila, pasa en moitas de Galicia por non dicir na maioría. O problema, non so é a deputación, moitas veces, está moito mais cerca...porque se alcalde se move, e se move ben, pode conseguir moito, pero claro se alcalde se move pero non ten "amigos" por moito que se mova e a música de sempre. Vamos!, que é unha vergoña, que en moitas comarcas, ainda teñan por carreteras pistas da parcelaria "asfaltadas", se e que se lle pode chamar así. De todos modos, se chegades a ter un auditorio propio, e ainda encima ADSL xa podedes brincar, que haivos moitos que nin eso.

eNmEiGaDa dijo...

Moitos lugares de Galiza están así. en Cangas non nos podemos queixar, polo menos pola zona onde vivo eu, pero hai en zonas, onde por exemplo non se collía algún canal de televisión, e é unha vergonza que pase isto!

P.D: sinto non poder ir o da blog xuntanza, espero que para a proxima ocasión... besos!!

Shakadal dijo...

Attention! See Please Here

Ana dijo...

Eu vivo cerquiña de Vigo e telefónica solo me pode dar a conexión rural....600 hz
Non o entendo...
Cando cambié a ONO,despois de moito pelexar consegui ter os dos megas!

Bicos

Fini dijo...

ufffff no sabía que en Agolada no había todavía conexión ADSL en fin.... que cosas pasan en 2008...

Cat's dijo...

hola, gracias por pasarte por mi mundito particular, me encantaria poder disfrutarte mas, pero no me entero de nada!!!!! igual, gracias por tu visita, siempre serás bienvenido, y más con ese hermoso gatito. ;)

nestor dijo...

AH! no solo pasa por aquellos lugares amigo...si supieran en cuantos lugares de la Argentina lo sufren. Y como un comentario dice: estamos en el siglo XXI y en la era de la revoluciones tecnologicas.

un abrazo.

chimeneaverde dijo...

me alegro, a ver si las acaban pronto. las obras siempre son una lata.

asbeirasdoarnego dijo...

si fini si por aquí por Agolada si que parece que áinda seguimos sen ADSL e non lle vexo eu moita pinta de que vaia vir, como non colla patas por si solo, jeje.

paidovento dijo...

Moi chulo o blog, si señor. Pois, mira, quizais non teñades ADSL, pero tendes unhas carballeiras e uns prados que dá gusto velos. Moitos cambiarían o formigón e o asfalto por ese pulmón verde no que vivides. Unha aperta

Fada Branca dijo...

hola, hola, hola xa estou aqui de novo despois dun problemiñas con ordenador, xa está de novo en plena forma. Vaie ser dificil ir a xutanza pero todo se verá, tereite o dia de todo. Bicos

Cuspedepita dijo...

Aínda ha ser que ademáis de gañarvos coa TDT tamén vos gañamos coa ADSL os da Fonsagrada ;-);-)

Eu vivo nunha aldea, non na vila, e temos ADSL desde fai xa...creo que uns catro anos.

De todas maneiras non pensedes que todas as aldeas aquí teñen esta sorte (debemos ser os únicos) na maioría delas aínda non teñen sequera a posibilidade de ter internet.

A zanfonista dijo...

Pois a ver se acaban pronto. Bicos.