Tamén podedes visitarme en... milenio is different

TRALA BARRA - MAGAR

Viño blanco, viño tinto, cervexa ou un chupito de calquera cousa, todo lles vale, a cuestión é estar pa outro mundo, e non darse conta da realidade. No noso pobo hai xente desa, que se pasa a vida tras a barra dos bares de parranda. Empezan a tarde xogando a partida as cartas, cun viño... e terminan a noite nunha silla, cun chupito. O noso "borrachín" por excelencia, sin lugar a dúbida, é o noso amigo Magar. Naide sabe como acabou asi de mal, porque este tiña unha vida relativamente de luxo. Era fotógrafo profesional, pero dos profesionais de verdade, sacába fotos nas comunións, bautizos, e incluso era un dos fotograrafos principal do Real Club Celta de Vigo. Agora vive nunha pequena casa dos Pendellos, cos cristais medio rotos e co interior feito un cortello, aínda así tódolos seus veciños o admiramos e a xente aínda o admnira polo traballo realizado nos seus bos tempos. Goza ou gozaba de gran reputación na zona do Deza como fotógrafo, ademais era dos únicos que había por aquel entonces, Este señor concedeu unha entrevista fai pouco tempo ó periodico Faro de Vigo, no que explica todas as aventuras vivíu durante os seus tempos mozos ou dicilo dalgunha maneira, os seus tempos profesionais. Según conta marchou de Galicia con 15 anos e dinos que recorreu "medio mundo" dende Alemaña, ata Suiza, e dende Francia a Venecia, para ó final acabar coñecendo nas Baleares ó noso pintor, diseñador, escultor, escritor e cineasta español, Salvador Dalí. Non sei que máis se pode dicir desta persoaxe pero creo que quedou bastante claro que é único, pouca xente pode presumir do seu historial, sinceramente unha pena que se botara a perder desta maneira. Quero tamén que quede claro que está entrada non é para burlarse de ninguén nin moito menos, simplemente e un relato máis do meu pobo. Aquí vos deixo un foto del, no bar, coma sempre.

9 pegadas:

paideleo dijo...

Precisamente tiven hoxe nas mans un libro de fotos de Vigo feitas por el.
Non sabía nada del e menos que estivese nese estado indesexado.

CriS dijo...

Cuantas historias se esconden tras los años y las botellas de alcohol...

Pau dijo...

O realmente fodido é pensar que calqueira de nos pode acabar asi. A vida as veces é moi puta.

Pau dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ana dijo...

Por moi ben que nos va,nunca podemos saber como terminaremos!
O que habrá pasado este home,pra chegar a este punto...e unha pena.

Bicos

Lapis-vermello dijo...

Si, creo que xa oíra falar del. Pois vaia pena que deixara de ser fotógrafo. Bicos.

Cuspedepita dijo...

A vida da moitas voltas e ás veces un perde as gañas de seguir pelexando e dase por vencido, sobre todo se non ten moito quen lle bote unha man para sair adiante. Non sei se é o seu caso, pero imaxino que non andarei moi descamiñada.

abueloscrisytoño dijo...

Achégate a el dille que che gusta a fotografía pídelle axuda. Seguro que necesita sentirse útil, se pensa que pode axudar igual se esquece de beber.
E se formades un grupo igual tedes bos resultados ou polo menos estou segura que se poderá aprender moito dese home.
Todo esto sempre e cando non teña malas pulgas , ter cautela.

HADEX dijo...

Eu traballei uns anos en hostelería, mentres estudiaba, e coñecín a moita xente así. Nun bar enparticular, no que traballei tres anos, iban moitos xubilados destes que botaban alí o día bebendo e bebendo.....É triste, pero mais tristes son as historias que os levan a esa situación de soidade e abandono....Moi bonita entrada, bicos.