Tamén podedes visitarme en... milenio is different

UNHA PUTADA CON MOITA CLASE

O outro día no colexio de Agolada, tivemos unha reunión co delegado provincial de Educación, D. Cristóbal Fernández no CEIP de Agolada. Esta reunión ven a conto de que a consellería, quérenos quitar o primeiro ciclo da ESO, e traslado IES Laxeiro de Lalín. Ata fai pouco, os alumnos do CEIP de Agolada, podían realizar alí os seus estudos ata os segundo curso da ESO, aínda que o colexio fóra só un centro de infantil e primaria. Agora a nova ordenanza da Consellería de Educación, pretende quitar esta situación de tódolos centros, como o de Agolada. A cuestión xa ven de atrás, pero é unha medida absurda que, se nos poñemos a pensar, ¿para que serve? En Lalín os centros xa non dan máis, e veñen aquí, un día calquera, con moita clase, eso si, a intentar convencernos de que o mellor para todos é que a ESO marche, que en Lalín, seica caben ben alí, teñen mellores instalacións e corenta mil historias. Según o señor Delegado hai moitos motivos para que a ESO marche, motivos que en realidade non o son. O delegado, díxonos que o de ter o primeiro ciclo da ESO neste colexio, fóra unha medida transitoria, e que algún día se tiña que acabar. Como argumento principal, mostrounos a caída de poboación que está a acontecer en Agolada, xa que no último ano, perdemos máis de 65 habitantes. Pero, como ben dixeron na reunión algúns dos pais alí presentes, o que deberían facer, en vez de levar a tódolos rapaces de primeiro e segundo da ESO para Lalín, sería engadir terceiro e cuarto da ESO, para que o noso colexio non quede deserto, como pasa en moitos da zona, como en Cercio ou en Merza. Según nos dixo esta medida, por moito que fagamos xa non ten remedio, e que isto, xa era un debate do pasado, que xa sabía dende hai tempo. Aínda que non ten moito que ver hai unha cousa que me chamou a atención, Un dos pais que estaba alí preguntou, que: “se a poboación volvera aumentar…volvería a ESO?” e, fíxome graza a resposta do Sr. Alcalde, D. Ramiro Varela que contestou, que se estaba facendo todo o posible para aumentar a poboación, dende o concello estábanse aplicando medidas como a de vender os terreos do polígono practicamente regalados. E a miña pregunta é, logo, por que non deixou vir a fábrica de automóbiles BMW o noso polígono? Pero bueno, eso xa é outro tema,e en canto o da ESO, moito me temo que esta batalla está perdida, pero a guerra aínda non empezou. E que aínda que a eles lles de igual, nos seguiremos loitando polo que queremos. Deixos na imaxe o delegado de educación pola provinza de Pontevedra , Cristóbal Fernández.

7 pegadas:

Fini Calviño dijo...

Qué indignación me ha entrado cuando he leido esta noticia... ¿dónde ha quedado el desarrollo sostenible de los pequeños pueblos? aysssss

Cuspedepita dijo...

Na provincia de Lugo hai sete centros aos que lles vai pasar o mesmo :-((

Eva dijo...

Iste e claramente un movemento dos moitos de incompetencia que xeneran dia a dia en Galicia. Eu entendería esta reforma se na Agolada so houbera un máximo de 10 alumnos que creo que non e o caso. Así, lexos de aumentar a poboación o que fan e diminuíla co tempo.
O final e todo unha cadea, empezase con eliminar servizos a un lugar e a xente marcha..lóxico na túa aldea o colexio, na miña sacouse o centro de saude, seica xa habia un no concello, por iso o noso estaba sempre cheo (creo que se intentou a reapertura, non sei a dia de hoxe se o conseguiron, somos bastante revolucionarios).....de todos modos asi funciona todo, e o que non chora non mama.

Bea dijo...

Aisss!! pero como non vai a quedar Agolada sen habitantes, se eles, polo que contas, vos van quitando todo pouco a pouco... un exemplo, o que ti puseches o da ESO! indignante que pasen estas cousas...

interpreta-sones dijo...

vaya. espero que al final podáis mantener la docencia del primer ciclo ESO en agolada. ya lo comenté en el blog del otro rapaz, pero insisto, me parece admirable que gente tan joven se involucre tanto con su pueblo. GOODWORK!

chimeneaverde dijo...

Es verdad, la solución es que pongan toda la ESO, pero claro,eso es dinero que hay que poner,... ojalá lo arreglen de alguna manera.

abueloscrisytoño dijo...

No ai direito.