Tamén podedes visitarme en... milenio is different

O QUE FAN AS PALABRAS!!

No blog do meu compañeiro d´Agolada acabo de ver un blogo-xogo como di el, moi interesante aínda que tamén bastante complexo a súa vez. Antes de comezalo xogo, como tamén dixo él, pedirvos desculpas a tod@s os blogueiros afectados por esta folga de asbeirasdoarnego, non vaiades pensar que estou en folga porque son transportista, estou en folga porque desgraciadamente ando de exames todo o santo día, xa non só do colexio, tamén teño o luns que ven o exame para o acceso a grao profesional de clarinete no Conservatorio de Lalín, pero imos o xogo. O xogo, trata de autobiografíarse a través das letras do blog. velaquí vou probar,COMEZA O DESAFÍO:

a- Agolada, o mellor sitio do mundo
s- Sousa, o meu "mote"
b- Barcelona, a última cidaden onde fun, preciosa
e- A vitamina que me fai falla para medrar ó alto
i- Imbécil, o que son moitas veces
r- Rebelde, demasiado
a- Anticuado, é como me estou quedando
s- Sátira, o que me entanta facer no blog, sobre todo ó concello
d- Daniel, o meu nome
o- Omnívoro, encantame comer, como de todo
a- arnego, o único río que aínda non secou
r- Respondón, non sei por que.
n- Natural, non me corto un carallo
e- Español, a moita honra
g- Galego, de Galiza
o- Ostias, moitas me da a vida

Que vos parece? Eu a verdade, creo que fun bastante sincero nesta entrada, e iso porque non me coñecedes que se non seguramente vos dariades conta de moitas máis cousas máis... jeje. Isto pódeo coller quen queira, espero que moita xente. Bueno, aproveitando esta entrada tamén vou poñer a foto do meme Pasion Quilt, que aínda non tiven tempo de facer, aquí a tedes, a ver se vos gusta.

Hai ago que máis me apasione que as rapazas?

10 pegadas:

Chousa da Alcandra dijo...

Ben sei que andades estes días moi agobiadiños cos exames; pero non me dades moita pena, xa que axiña teredes unhas longas vacacións.
Ánimo e unha aperta

HADEX dijo...

Sorte cos exames amigo!! Xa pronto chegan as vacacións!! Bicos

d´Agolada dijo...

Alédome de que che gustase o xogo, a verdade é que te definiches moi ben, eu que te coñezo dou boa fe diso. Moi simpático tamén o meme. Unha aperta.

prometeo dijo...

Ánimor!!!! Que xa queda ben pouquiño.

Saúdos meu querido amigo

Cuspedepita dijo...

Pois si que te definiche moi ben, creo :-)) É un xogo moi interesante.
Eu deixei a miña contribución onda David, así que xa a verás.
Sobre a vitamina e esa que dis que che falta, creo que vai ter doado remedio, non te preocupes. Só é cuestión de tempo.

Moita sorte cos exames !! Xa queda pouco, un esforciño máis e imos de vacacións ! (Eu tamén ;-) )

Unha aperta

paideleo dijo...

Non está ben que un home casado diga isto pero tés razón no das rapazas que non hai millor regalo divino ca elas.
Sorte cos exames.

Lúa dijo...

moi sincero non????bicos

Eva dijo...

Non esta mal, entreten lelo. Moita sorte cos exames.

Ana dijo...

Esta moi ben o xogo.
Xa te coñocemos un pouco mais!

Sorte cos examenes.
Bicos

Bea dijo...

Canto tempo sen pasarme!! tentarei en poñerme o día e ler que tal saiu o da xuntanza! un bico!