Tamén podedes visitarme en... milenio is different

lendas.. verdade ou mentira??

Agolada é unha das terras máis máxicas da nosa comunidade, seguramente como din por ahí é terra de meigas e asegurovos que de todo o que vos poidades imaxinar... Non hai máis ca ver estas lendas que o demostran, naide sabe se son certas e a verdade sinto curiosidade, pero creo que me vou quedar ca duda. As miñas versións sobre estas lendas son moi básicas pero intentarei redactalas o mellor posible. A primeira que vos relatarei é a do misterioso pasadizo secreto do Castelo de Amarante.
Conta a lenda que no Castelo do Castro de Amarante, entre Agolada e Antas de Ulla, concretamente no forno da cociña principal, existe un pasadizo segredo que según contan leva ata o Monte Farelo a poucos kilómetros de ali.
Segundo a versión popular o castelo perteneceu a unha familia poderosa, que construíra o pasadizo co traballo dos seus escravos e ca idea de poder escapar por alí en caso de guerra ou loita, e fixeron ben, porque aínda que non se sabe moi ben a data este castelo foi derruido polos Irmandiños, foi volto a reconstruir e foi de novo desmouchado por orde dos reis Catóticos.
O castelo leva tempo abandonado polo que unha maleza de silvas e toxos apoderouse del. Pero a lenda segue viva... contase que un veciño do pobo deulle por soltar un capón polo pasadizo para ver que pasaba e os dous días o capón apareceu un pouco debilitado pola fame, pero apareceu no cume do Monte Farelo.
Agora vouvos contar a historia da meiga de Brántega.

Di a historia que uns mozos foran a unha festa, e que o volver para a casa, xa ben pasadas as 10 da noite se lles apareceu unha meiga, que tirou a un deles polo barranco abaixo. Os amigos intentarono axudar, pero eran tales os poderes da meiga que os acabou por tirar a todos. Según contan un deles logrou saír e foi avisar os veciños para ilos rescatar. Os mozos ían debiles con moitos cortes e mazaduras. Cando chegaron a casa preguntaronlles que lles pasara, e relataron polo miúdo todo o sucedido... que se a meiga... que se o barranco...
Lóxicamente ninguén os creeu, pero uns días máis tarde outros veciós tiveron encontro ca mesma meiga e o desenlace foi exactamente o mesmiño. Haberá bruxa en Brántega??????

En Agolada hai moitas lendas máis, como a da Reina Moura Marcela do Castro de Marcelín eu acabo de contar as más coñecidas... estes sucesos paranormais chamanme moito a atención non sei se que a xente se volve cada día máis tola ou se é verdade pero eu case que me decanto pola primeira...

16 pegadas:

d´Agolada dijo...

Eu a verdade é que non son moito de lendas, pero si que hai que recoñecer que algunhas son moi curiosas e interesantes. Saúdos

HADEX dijo...

uhmmmmm....a min encántanme as lendas e as suás orixes.....mási, máis.....

CriS dijo...

Me encantan las leyendas, siempre las escucho y leo con atención porque suelen decir mucho de las zonas donde se desarrollan, sean verdad o mentira.. algo llevan. Lo que no entiendo ni entenderé es por qué siempre se habla de brujas o de meigas malas... quizá por darle emoción al asunto... pero yo creo en las meigas, las buenas, las sabias... no se...
espero que nos cuentes mas..
gracias

Dña.Manolita dijo...

Yo si creo en las meigas...tengo una en casa con la escoba estropeada, pero la quiero mucho, mucho.
Saludos

Thiago dijo...

jaja, pues a mi me han paracido muy interesantes, solo que he visto que en un blog has dicho que te gusta la fotografía y, ya puestos, me hubiera gustado ver una foto de ese castillo...

La bandera que sale en tu blgo cambia según de donde venga el visitante? pues eso está muy logrado, jajaja..

Bezos, avísame cuando haya mas leyendas que me han gustado mucho.

prometeo dijo...

Je, o que me gustaría saber é a clase de viño que dan en Brántega... :P. Falando en serio, encántanme as lendas é, para ser xusto, debo decir que as contaches con maestría.
Da cantidade de lendas que poden sair dunha terra que ten unha aldea que se chama Merlín... Ahí é nada.
Atende as nosas peticións, e por favor, tráenos mais!!
Un abrazo amigo

Ana dijo...

Encantame todo o sobrenatural e como non,as lendas galegas!
Fixate no meu blog,hai unha dirección de mi outro blog dedicada a todos estos temas.

Bicos

Markesa Merteuil dijo...

Os medos do medievo, da escuridade, das batallas, das meigas... gústame como contaches as lendas, sobre todo pola túa idade, porque hai moitos mozos que non se preocupan por coñecelas e tal vez esa indiferencia leve a que se perdan. Escribilas nun medio coma este é unha boa forma para divulgalas e para que non queden no esquecemento.

Bicos (ou no... que como non queres verme pola rúa... ;D)

JESUS y ENCARNA dijo...

Moito interesante este Post rapaz.
As Meigas avelas ailas....
Saludos con la escoba voladora.
Jesus

Carlos Sousa dijo...

As lendas está claro que terán algo de certo, pero na dos rapaces, ¿non irían un pouquiño perxudicados as 10 da noite?.
O que está claro, é que hai moitos casos paranormais, Eu non creo niso nin en meigas, pero como se dice por aquí, HABELAS, HAINAS.
Saudos, casi tocayo

JESUS y ENCARNA dijo...

Me encantan vuestras leyendas de meigas... es que me encantan las brujas!!!
Petonets
Encarna

paideleo dijo...

As lendas teñen o seu toque misterioso e mentireiro pero están montadas sobre unha base real.
Non as contaches nada mal e espero que haxa máis.

BIRA dijo...

Las meigas haberlas hailas!! Falta encontrarlas, claro.

A mí todas historias populares me encantan, y si coincido con alguna persona encantadora de esas que tienen gracia contando historias, puedo pasarme horas y horas escuchando, y preguntando y queriendo saber todo y más!

Sean verdad o no, me da pena que estas antiguas leyendas se vayan perdiendo.

Besos.

Anónimo dijo...

As lendas son algo inherente á cultura popular en calquera parte do mundo. Se non, bótalle un ollo ao penúltimo post de "paideleo".
Unha aperta.

Eva dijo...

A min gustanme moito as lendas. Esta que redactas esta moi ben, non a coñecia, porque como é normal, cada un coñece as do seu pobo e arredores. Tamen cabe decir que isto e o maxico de galicia e non as meigas.

abueloscrisytoño dijo...

Muy interesantes estos dos relatos y muy bien contados.
Eu non creo nas bruxas pero habelas... saludo, A.Cris