Tamén podedes visitarme en... milenio is different

DE TROULA!!

Hola de novo, sinto esta ausencia que sufriu o blog ultimamente, pero e que estivemos de festa, as nosas festas patronais, O SAN PEDRO. As mellores festas do mundo mundial.

Este ano houbo moitos problemas para podelas facer, sobre todo problemas de presuposto pero ao final foi todo un exitazo. Conseguiuse abrir un oco, polo menos, na miña axenda. Foron 3 días estupendos, cheos de diversión e ilusión a mellor forma de comezalo verán.

Aínda que haino que dicir todo, e hai que recoñecer que as festas este ano foron algo desorganizadas, sobre todo en temas como os horarios que non se poñian dacordo, a pesares de todo haille que dar as grazas a pequena comisión de festas, improvisada a última hora xa que fixeron un labor estupenda pero como din por ahí, mentres que haxa alguén que manteña unha idea, esa idea tira para diante, e iso foi o que pasou aquí.

Nesta entrada tamén quería aproveitar para correxir o meu amigo blogueiro d´Agolada, e dicirlle que primeiro se asegure das cousas que di, xa que na súa entrada, aínda que tamén valora o traballo da comisión, pon que as festas foron un desastre pero querería que me contara por que lle pareceron un desastre.

En fin como din por ahí vale máis unha imaxe ca 1000 palabras así que quedades con este minireportaxe fotográfico.

10 pegadas:

d´Agolada dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
d´Agolada dijo...

Como te pasas conmigo últimamente, como se non soubeses de sobra porque as festas me pareceron un desastre, en fin, xa falaremos ti máis eu jeje... De calquera xeito, eu na miña entrada non falo nada persoal, todo o contrario, xustifico perfectamente porque co programa diante me parecen un desastre, se algunha vez te molestaras en ler unha entrada, saberíalo e non irías dicindo perogrulladas. Ademais de todo isto, ti mesmo recoñeces o mesmo ca mín, eu chámolle desastre e ti simplemente desorganización (se ata parecemos ZP e Rajoy falando da crise) diferentes puntos de vista para o mesmo asunto. De todas formas, que estivesen bastante frouxas en canto a organización, orzamentos... e un longo etcetera, non implica que non se puidese pasar ben, non mezclemos o persoal co físico, aquí che deixo un enlace á miña entrada por se queres discutir algo, que seguro que algo has ter que dicir. Bueno, unha aperta Dany e non me copies tanto as entradas que, non é por nada, pero esta é demasiado parecida á miña jajaja. Aquí tes o enlace prometido:
http://dagolada.blogspot.com/2008/06/chegou-o-san-pedro.html

Eva dijo...

As festas sempre son un motivo de alegría. Hai que aprender a disfrutalas ainda que que non sexan tan boas como nos gustaría.

Cuspedepita dijo...

Boh, por estas picadas que vos traedes ti e David era polo que eu supoñía que un lle roubara a noiva ao outro, pero despois xa vin que son picadas de amigos e que o sangue non ha chegar ao río ;-)jajaja
Eu alucino porque cada vez tes algúnha novidade que non sei como fas para atopar. ¡¡Mira que xeito de poñer as fotos !! Vaite preparando, que cho hei copiar ;-)jeje

CRIS dijo...

Hola
espero que en cualquier caso lo hayáis pasado bien y que la fiesta haya sido eso... una fiesta para todos.
besos

Os nenos dijo...

Aínda que fora un algo deorganizada ou un desastre (o que sexa) espero que o pasarades ben

HADEX dijo...

Bueno, eu non sei como foron as festas.....pero as veces as comisións sí resultan ser un caos....

Biquiños e disfruta do verán!!!


P.D. Non sabía que se podía poñer un slide no blog....eu úsoos para o meu myspace....

chimeneaverde dijo...

las fiestas de los pueblos siempre son buenas!!

eNmEiGaDa dijo...

As pequenas festas soen ser as mellores ;)

mariluli dijo...

sí, qué interesantes!!! hay toros que corren por las calles como en San Fermín?? Espero que no, porque me resulta muy violento!!jjiji