Tamén podedes visitarme en... milenio is different

EMPEZAN AS CHAPUZAS NOS PENDELLOS...

Por fin!! despois de tanto esperar e de tanto insistir, ó fin a Deputación de Pontevedra, xunto co ministerio de cultura, puxeron os cartos, para que, espero que proximamente se empece a obrar nos Pendellos. Menos mal que se puxeron dacordo, porque senón a "destrución" seguiría non só o digo pola antiguedade dos mesmos senón tamén porque o concello, ata fai uns anos que se creou a ASOCIACIÓN AMIGOS DOS PENDELLOS, non lle importaron nada, ata o punto de derrubar moitos deles, como os dezasete que tiraron para anchear a Rúa da Parranda, os doce que fixo falla tirar para edificar a Casa do Concello ou incluso todos que o paso dos anos se foron, "apartando do medio" para casas ou edificios particulares, todo isto provocou un deterioro urbanístico impresionante. Agora, grazas a Deus por fin parece que se deciden aprovando unha partida inicial de 1,2 millóns de euros para empezar dun vez por todas, empezarán pola Casa das Neves e a Capela das Virtudes. Agora parece que é a definitiva, esperemos que non nos defrauden. Teño que añadir que aínda que polo momento no blog non falei nada dos Pendellos prometo facelo próximamente, e espero tamén podervos amosar unha imaxes, mentres tanto se queredes saber un pouco máis sobre eles visitade www.benega.info/agolada/pendellos.htm alí documentaredesvos un pouco sobre eles.

.

11 pegadas:

Fini Calviño dijo...

Pues ojalá no os defrauden, besos

busto.agolada dijo...

Anima que tamén os mozos axudedes nesta empresa da restauración dos Pendellos.
Oxalá vexamos pronto as obras para covencer aos descreídos.
Saúdos

Ana dijo...

Me alegro que por fin empecéis a ver frutos de vuestra lucha.
Esperemos que sigan hasta el final y podéis recuperar parte de vuestro pueblo.

Bicos

Bea dijo...

Pois espero que consigades o que queredes e polo que tanto estades loitando! Gustoume o teu blog, prometo pasarme a miudo e comentar. Grazas por pasarte ti polo meu. Un saúdo.

Lapis-vermello dijo...

A verdade e que eso de tirar cos pendellos é unha animalada. E que moita cabeza non teñen. Bicos.

São dijo...

Venho agradecer e retribuir a agradável visita, que espero se repita bastas vezes,
Apreciei o blog.
Feliz semana.

Bea dijo...

en contestación o que me diseches no meu blog, si que a toco, e espero que por moito tempo máis, é algo que me apasiona... non sei, gustame o tradicional! un saúdo ;)

paideleo dijo...

A ver se vai desta que non todos os sitios do mundo poden presumir duns pendellos así.
Con respecto á neve dicir que está mui ben para xogar, facer fotos e desfrutala pero poucotempo.
Un saúdo.

Cuspedepita dijo...

Non coñecía a existencia dos pendellos de Agolada, pero polo que contas eran moitos e supoño que eran as instalaccións da antiga feira... Vou ir ver esa ligazón que tes para saber máis, pero, en principio, paréceme moi interesante que comecen os traballos de restauración.

Raposo dijo...

Esperemos que a cousa remate ben e non tarde moito porque con estes da Deputación nunca se sabe.

Sibyla dijo...

Es muy importante que se conserven las joyas arquitectónicas de los pueblos y se invierta en la restauración que sea necesaria.

Me gusta Pendellos, se ve que guarda mucha historia que jamás debe ser desatendida.

Que todo salga bien!