Tamén podedes visitarme en... milenio is different

Ó ROXO VIVO - TO RED I LIVE

Tódolos anos pasa o mesmo, non só nesta localidade, senón en tódolos concellos, sexan de Galicia de Andalucía ou de onde sexan... Cando comeza a tempada de primaveira-verán, sempre lamentamos a triste noticia de que os nosos montes están morrendo debido os lumes que arrasan cada ano as comunidades, isto é unha das cousas máis tristes que nos pode pasar, sobre todo a nós, aquí no campo xa que se non temos a natureza, ¿que nos queda?, a xente pensa que é un xogo todo isto. Aínda así nadie fai nada por evitalo, o contrario moitas veces somos nós, as persoas, as que os comezamos, non temos respecto ningún polos nosos montes, danos todo igual. Como sigamos así calquer día destes levantaremonos un día a mañan, iremos o bar almorzar e cando nos poñamos a ler o xornal, calquera deles O Faro, A Voz, ou mesmo o País, nas últimas páxinas, case rematando aparecera unha esquela moi grande que poñerá--MONTES GALEGOS-- cuia data de falecemento correspondera a un futuro próximo, moi próximo... Technorati Profile, non pichedes no link e para agregarme a un buscador de blogs, desculpade. grazas.

10 pegadas:

Suso Lista dijo...

Onte foi o dia da árbore. A Consellería de Medio Rural, repartio aquí no Concello de Ponteceso 400 árbores autóctonas pra plantar nos montes.

asbeirasdoarnego dijo...

asbeirasdoarnego:
Aquí en Agolada, os moi cutres non nos deixaron nada de nada, coma a maioría dos anos. que sorte tedes, facedes ben en repoboar, nos cada vez temos menos

Raparigo dijo...

A verdade é que o dos lumes é o peor de cada verán e máis triste é como cando acaba o verán xa estamos acostumados a velos.

Bonito blog, e como lle dixen a d'agolada, xa me explicaredes como facedes pa meter a radio ;-)

Saudos

Angel Utrera dijo...

Nos montes da ponte Vilariño, estanse a plantar de repoboacion uns poucos arbores. Non sei ben que son, pero toda a beira do arnego dereita, que foi asolada polo lume fai dos ou tres anos, parece volvera a revivir....podes darte unha volta por ala, ademais e ben bonitiño.

d´Agolada dijo...

Os lumes acaban co noso país, é unha verdadeira mágoa. E como sempre Agolada non recibe nada para contrarrestar os seus efectos. Saúdos. Por certo Dany mira o correo.

Eva dijo...

Tes toda a razón, e tamen penso que vai ser un problema grave nun futuro próximo. Por sorte, estes últimos anos replantearonse a reforestación de outra maneira (e que antes ainda encima queimabase un monte e reforestabano con eucaliptos,ideais da morte para solos galegos, menos mal que agora iso xa non se pode facer).

Sibyla dijo...

Cuando se quema un bosque, todos perdemos...Mi corazón sufre lo indecible, cuando salen en las noticias montes quemados, sin ningún tipo de escrúpulos.
Aquí en Andalucía, también hemos sufrido muchos incendios.
El ecosistema se va a pique. Deberíamos ser más responsables!
Gracias por recordárnoslo.
Un abrazo:)

A zanfonista dijo...

Si a min encántame eso de repoboar, claro que coñezo a Sara. As de coñecer a Isabel non?

nestor dijo...

Hola...nuevamente incorporado a este maravilloso mundo de internet luego de varioas días "desaparecido". He andado recorriendo algunos pueblos en busca de historias para mi programa de radio que luego adito en mi blog.

Leeré tus entradas pendiente y regresaré con comentarios sobre tus muy impoprtante historias.

un abrazo

Fini dijo...

Desgracidamente es así, el hace dos años cuando Galicia ardió entera vi los paisajes más tristes de mi vida... besos