Tamén podedes visitarme en... milenio is different

os do concello... CHOURIZOS!!

Bueno, xa estamos a dous meses das festas patronais de Agolada, das que xa vos teño falado, S. Pedro e San Pablo que se celebran 28, 29, e 30 de xuño. Estamos no mes de abril e o concello ten un problema moi grave cos cartos, e ca festa en xeral. Pero o problema dos cartos é o principal, demostra o que quere aparentar o noso concello, e a incompetencia do mesmo para levar a cabo un pequeno control de gastos. Resulta, que polas festas do ano pasado tiñan un orzamento para realizala festa duns, aproximadamente 20.000€, cos cales se fai unha festa, pois... unha festa bastante cutre, pero o problema non acaba aí, resulta que o noso concello como vai de "listillo" gastouse a salvaxada de 40.000€ na festa do ano pasado cando como dixen só tiñan 20.000€ e aínda así, foi unha das peores festas de aquí de Agolada. Agora a 2008 resulta que aí máis presuposto co ano pasado, pero non se vai poder gastar todo nesta festa, porque por ser francamente uns (os do concellos) "inútiles", e creo que non esaxero moito, aínda hai que pagar as débedas do ano pasado que como dixen circundan arredor dos 20.000 e pico euros. O outro problema que prantexan as nosas festas, aínda que menos grave, e o da comisión, todos os que se facían cargo neste concello dese tema deixárono, ¿a que se deberá?, creo que imos quedar ca duda, pero non é normal, esto non pasaría en Antas de Ulla, nin moito menos en Lalín ou simplemente en Melide... por o seu nivel de organización, e é bastante superior co do noso concello, non quero ser repetitivo pero creo que me sobra razón, ¿onde imos ir parar con este concello? non fan nada do que lle poida interesar os cidadáns, a miña conclusión é que todos os que estan no concello están "para chupar do bote", a ver que lles toca, jeje... e o final ¿que pasará cos cartos?

5 pegadas:

Chousa da Alcandra dijo...

Non faltarán as festas de Agolada no calendario festeiro deste ano, xa o verás. Ó final quen realmente vitaliza é o pobo e ese non fallará, xa o verás.

Unha aperta festeira!

Angel Utrera dijo...

Tal e como ben di Chousa da alcandra, as Festas o fan os pobos, a xente, non os dirixentes...
Agolada sempre tivo unmha comision de festas, ¿QUe esta a pasar...?Pois é moi fácil, e un autentico coñazo, digoche eu que fun ramilista un ano.
O que tedes que facer a xente nova, e apoiar, aportar ideas. Ti non estabas por aquel enton por aqui, pero eu organicei, durantes tres anos seguidos, un concurso de pintura infantil, nos propios pendellos, e unha carrera de Maraton, na que chegaron a corren case cen persoas, grandes e pequenos, formei un grupo de teatro que mesmo chegou a actuar nun certame en Lugo.....¿Os cartos?. Non fan falta tantos, o impòrtante e xente con ideas, ganas de traballar, e tirar pa diante .A criteca esta ben, pero ten que ser positiva, e mellor censurar aportando unha contrapartida, una nova e mellor, idea, unha salida, que criticar sen mais.

Fini Calviño dijo...

Anda no sabía que las cosas estaban así por el ayuntamiento.... a mi me traen tan maravillosos recuerdos estas fiestas, eran como el pistoletazo para todas las romerías del verano. Ays

Bea dijo...

Esas cousas pasan, creo, que na maioría dos concellos... por aquí algo tamén, pero non tan esaxerado... e aínda así, as festas celebráronse igual! Un saúdo!

Dña.Manolita dijo...

¡Hey galego!
Gracias por tu comentario.
Ya veo que por ahí tambien hay de esos, es que dan asco.
Saludos.