Tamén podedes visitarme en... milenio is different

VERGONZA ALLEA

Dende logo, como está este mundo. Digo isto porque me avergonzo do meu concello, da terra a que máis quero. Non me avergonzo porque as obras do auditorio leven 1 ano de retraso, nin tampouco porque estén deixando pudrirse os Pendellos, non eso non me avergonza porque é o día a día do pobo. Maila miña sorpresa o outro día, lendo o periódico na terraza do bar de Pepe. Resulta que tódolos días o primeiro que fago antes de poñerme a ler o periódico en serio e ollealo un pouco por riba para ver se aparece algunha noticia de Agolada, non me suelo atopar con sorpresas, como xa dixen que se Os Pendellos....teterete!!. Pero o outro día si que atopei algo novo, aínda que sinceramente, preferiría non habermo atopado. Era unha noticia, (evidentemente, que vai saír nun periódico) moi curiosa. O titular dicía así: "O Psoe de Agolada pide a dimisión se dous concelleiros". Fíxome graza e púxenme a ler un pouco máis o artigo, explicaba que estes dous personaxes dos que se pide a dimisión, que son o concelleiro de obras públicas e (pensativo......) non me acordo agora mesmo cal máis gastarán dende teléfonos móbiles do concello 900€ en chamadas de teléfono a particulares, as súas respectivas empresas e a números das páxinas de atrás do periódico. Todo isto deume vergonza axea xa que para unha vez que sae Agolada nos medios, ten que falar dunha mamarrachada coma esta, aínda así os medios non teñen a culpa, eu segundo a miña opinión isto cheirame a choriceo, corrupción, e iso que teño o olfacto algo atrofiao jejeje... En fin dende logo, aínda non temos cartos para as festas, que están debendo 20.000€ do ano pasado, e gastan 900€ en teléfono, dende logo como e a xente.

11 pegadas:

vermella dijo...

É alucinante como cos cartos de todos algúns fan o ridículo dese xeito.A clase política deixa moito que desexar,non te amoles demasiado....
bico.

Veca dijo...

Bueno home, non te preocupes, iso haino en todas partes. Un pouco vergoñento si que é, pero........

(tódolos políticos son iguais, creo que é as ansias de poder o que os convirten en seres despreciables)

A zanfonista dijo...

Eu estou contigo, a min paréceme mal. Bicos.

eNmEiGaDa dijo...

Haberá algún político que faga as cousas ben?

Fini dijo...

Jo ni el concello de Golada se libra de la corruptela...

Cuspedepita dijo...

O problema que teñen moitos cargos públicos e que non saben deslindar o que é a súa vida privada do que é público. As chamadas a certos números non se pagan con cargo aos presupostos municipais, nin tampouco á súa empresa nin á súa familia. O teléfono que paga o Concello é únicamente para cousas do Concello.
Na miña terra tamén hai quen usaba os coches do concello para viaxes privadas que nada teñen que ver cos intereses municipais e a min sempre me encabuxou moito iso. Por iso non lles voto ;-)

Eva dijo...

Pois si que da vergonza allea como dis ti, e eu tamén penso coma ti, e o mais triste e que non so pasa na Agolada, diso hai che moito polo mundo...

chimeneaverde dijo...

claro que da vergüenza, la política local da pena muchas veces, Marbella, Estepona ahora, pequeñas cosas en tu pueblo y todo loq ue no sabremos... esperemos que los tribunales hagan cumplir las leyes.

Os nenos dijo...

A verdade e que é unha vergoña.
Pero non hai que preocuparse máis mal o van pasar eles.

d´Agolada dijo...

É unha auténtica vergoña o que pasa neste concello, todo. A verdade é que esta noticia pasáraseme jeje. Unha aperta

Fada Branca dijo...

pareceme abosolutamente incrible, fatal