Tamén podedes visitarme en... milenio is different

un saúdo especial

Hoxe é un día moi caluroso, por iso voubos poñer unha entrada que xa tiña na reserva dende hai bastante tempo. É o saúdo do meu alcalde, Ramiro Valera. Aínda que o critique un pouco ás veces as súas " tolas decisións" é un alcalde estupendo (dentro do cabe, pero para ser un político...).Velaquí tedes o saúdo que vos manda 0 alcalde a tod@s vos, pola vosa compañía e amizade que espero que forades collendo co pobo de Agolada durante este "ano e pico" que leva o meu blog aberto...

Con Motivo da posta en marcha deste proxecto, gustaríame aproveitar a ocasión para, en nome de todos os veciños , darvos a benvida a esta, vosa casa, ubicada no corazon da Galicia Verde.Dende esta fiestra poderedes percibir parte da esencia de Agolada, e para elo, tentaremos ir medrando en contidos de xeito que as sensacions sexan o mais reais posibles.
Sabedores da dificultade que é transmitir todo o que supón a realidade, e máis sabéndonos posuidores do don extraordinario de vivir no medio dun espazo privilexiado, no que non faltan, rumorosos rios, verdes bosques, rica cultura, bo facer culinario,un patrimonio envexable, e sobor de todo unhas xentes, para as que ninguén é foráneo, e, por si vos apetecera, despois de ollar por esta fiestra , achegarvos a nosa casa, sabede que en Agolada temos as portas sempre abertas para a xente de ben .
Unha aperta a tódolos lectores de asbeirasdoarnego
A verdade é que está moi ben é aínda que llo fixeran na xestoria, pois mira... polo menos acordouse de nós, con ista entrada tamén quero aproveitar para darvos a tod@s persoalmente as grazas por estar ahí apoiandome día a día, sexades galegos ou non, e por axudarme a continuar con iste proxecto que pretende (aparte de entreter o meu ocio persoal) poñer ó pobo de Agolada nalgún lugar do mapa, cousa que ata agora foi imposible de conseguir. De novo...
MOITAS GRAZAS os galegos!!
MUCHAS GRACIAS a los no gallegos!!

9 pegadas:

d´Agolada dijo...

Creo que che prometín non decir o que penso sobre esta entrada,en fin, terei que estar calado, polo menos puxécheslle un pouco de sentido do humor que boa falla facía jajaja. En fin, mellor paro que non me apetece decir máis. Unha aperta

paideleo dijo...

Non é mui típico que haxa discursos de alcaldes nos blogos así que me parece unha idea orixinal.
Eu tamén me divirto co teu blogo.

Bea dijo...

Pensei que ia ser unha entrada sobre política (si, diso sobre o que eu non entendo nada :P) pero bueno, tiña un toque de humor! Un saúdo!

Fada Branca dijo...

ti segue así ,tan critico coma sempre e que se lea no teu blogue o que moitos outrs deben de pensar. Bicos

Ana dijo...

Pareceme un projecto moi bon,e a mellor maneira de dares a conocer Agolada,eu non tinha ni idea de que existira, e menos os pendellos!
Somos nos os que temos que darte as gracias.

Bicos

LM dijo...

descolocaste-me completamente com este post. beijos

Cuspedepita dijo...

Parece que as "forzas vivas" se deron conta de que os blogueiros de Agolada estades facendo un bo traballo de divulgación do voso concello ;-))
Ata que volva :-)
Unha aperta

Anónimo dijo...

Un detalle o do alcalde, aínda que o saúde soe bastante típico e pouco poético. Iso si, dende logo ti e algún máis estades promocionando Agolada a conciencia. Bo traballo.

asbeirasdoarnego dijo...

a que foi orixinal a idea do alcalde?? jeje