A actividade cultural no pobo de Agolada segue a medrar cada día máis, aínda que neste caso veña de fora. Unha coral da terra da pasta. Quero dicir, unha coral italiana.

A actividade cultural no pobo de Agolada segue a medrar cada día máis, aínda que neste caso veña de fora. Unha coral da terra da pasta. Quero dicir, unha coral italiana.

Hola de novo amigos, despois dunhas vacacións tomadas repentinamente aquí volvo estar con vos, aínda que un pouco desanimado, seica é o síndrome postvacacional, pero bueno haberao que superar. Voltamos as choivas de orballo, voltamos ó traballo... voltamos a rutina e como non a continuar esta historia de Agolada na rede. Aínda que un pouco esgotado e con moita ganiña de descansar, como ben menciono no título voltarei para tervos a todos vos informados día a díia de todo, ou case todo o que pasa neste pequeno pobo. Bueno a verdade e que xa sabedelo roio todo, pero e que non se me ocorre que poñer, así que aínda que a entrada quede un pouco curta, ó dito, xa volvo estar activo como blogueiro agoladense que son, espero que pasemos outro ano máis xuntos e cas mesmas ganas de postear ca sempre así que, animo!! que logo volve chegalo verán.
O outro día o meu amigo David do blog de d'Agolada acaboume por convencer para crear un novo blogue. E aquí estou despois de estar unha tarde diante do ordenador configurando as chorradas, despois de estar outra tarde pensando no título e de escribila primeira entrada por fin podo estar orgulloso de poder decirvos a todos que o blog dase por inaugurado. É un blog sencillo para pasar un bon rato e disfrutar del (se se pode), alí falarei do que me apeteza en todo momento, intentarei que sexan "temas tontería" por decilo dalgunha maneira pero que espero que vos gusten, alí podedes comentar o que vos apeteza SEN CENSURA!!. Bueno espero que moitos de vos tamén vos animedes a crear outro blog algún día e ir facendo co noso traballo que a blogosfera sexa moito máis grande do que é así que sen máis, podedes visitar...................
Hoxe é un día moi caluroso, por iso voubos poñer unha entrada que xa tiña na reserva dende hai bastante tempo. É o saúdo do meu alcalde, Ramiro Valera. Aínda que o critique un pouco ás veces as súas " tolas decisións" é un alcalde estupendo (dentro do cabe, pero para ser un político...).Velaquí tedes o saúdo que vos manda 0 alcalde a tod@s vos, pola vosa compañía e amizade que espero que forades collendo co pobo de Agolada durante este "ano e pico" que leva o meu blog aberto...
Agolada é unha das terras máis máxicas da nosa comunidade, seguramente como din por ahí é terra de meigas e asegurovos que de todo o que vos poidades imaxinar... Non hai máis ca ver estas lendas que o demostran, naide sabe se son certas e a verdade sinto curiosidade, pero creo que me vou quedar ca duda. As miñas versións sobre estas lendas son moi básicas pero intentarei redactalas o mellor posible. A primeira que vos relatarei é a do misterioso pasadizo secreto do Castelo de Amarante.Por fin!! o verdadairo verán xa chegou. As altas temperaturas comezan e as piscinas a pesares das serias difucultades que tiveron tamén, xa abriron, os rapaces saen a rúa xogar e os vellos a terraza disfrutar... Así e o mundo de Agolada cando chega a estación preferida por case todos nós, o verán. Decidinme a publicar esta entrada porque aquí a verdade, poucos días se chega como digo no título os 30º de temperatura.

Hola de novo, sinto esta ausencia que sufriu o blog ultimamente, pero e que estivemos de festa, as nosas festas patronais, O SAN PEDRO. As mellores festas do mundo mundial.
Este ano houbo moitos problemas para podelas facer, sobre todo problemas de presuposto pero ao final foi todo un exitazo. Conseguiuse abrir un oco, polo menos, na miña axenda. Foron 3 días estupendos, cheos de diversión e ilusión a mellor forma de comezalo verán.
Aínda que haino que dicir todo, e hai que recoñecer que as festas este ano foron algo desorganizadas, sobre todo en temas como os horarios que non se poñian dacordo, a pesares de todo haille que dar as grazas a pequena comisión de festas, improvisada a última hora xa que fixeron un labor estupenda pero como din por ahí, mentres que haxa alguén que manteña unha idea, esa idea tira para diante, e iso foi o que pasou aquí.
Nesta entrada tamén quería aproveitar para correxir o meu amigo blogueiro d´Agolada, e dicirlle que primeiro se asegure das cousas que di, xa que na súa entrada, aínda que tamén valora o traballo da comisión, pon que as festas foron un desastre pero querería que me contara por que lle pareceron un desastre.
En fin como din por ahí vale máis unha imaxe ca 1000 palabras así que quedades con este minireportaxe fotográfico.
Diseño de FCT | A Blogger por Blog Ingeniería