Tamén podedes visitarme en... milenio is different
Mostrando entradas con la etiqueta Reflexións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reflexións. Mostrar todas las entradas
10 pegadas

QUE PEREZA!!!!!!!

Hola de novo amigos, despois dunhas vacacións tomadas repentinamente aquí volvo estar con vos, aínda que un pouco desanimado, seica é o síndrome postvacacional, pero bueno haberao que superar. Voltamos as choivas de orballo, voltamos ó traballo... voltamos a rutina e como non a continuar esta historia de Agolada na rede. Aínda que un pouco esgotado e con moita ganiña de descansar, como ben menciono no título voltarei para tervos a todos vos informados día a díia de todo, ou case todo o que pasa neste pequeno pobo. Bueno a verdade e que xa sabedelo roio todo, pero e que non se me ocorre que poñer, así que aínda que a entrada quede un pouco curta, ó dito, xa volvo estar activo como blogueiro agoladense que son, espero que pasemos outro ano máis xuntos e cas mesmas ganas de postear ca sempre así que, animo!! que logo volve chegalo verán.

11 pegadas

VERGONZA ALLEA

Dende logo, como está este mundo. Digo isto porque me avergonzo do meu concello, da terra a que máis quero. Non me avergonzo porque as obras do auditorio leven 1 ano de retraso, nin tampouco porque estén deixando pudrirse os Pendellos, non eso non me avergonza porque é o día a día do pobo. Maila miña sorpresa o outro día, lendo o periódico na terraza do bar de Pepe. Resulta que tódolos días o primeiro que fago antes de poñerme a ler o periódico en serio e ollealo un pouco por riba para ver se aparece algunha noticia de Agolada, non me suelo atopar con sorpresas, como xa dixen que se Os Pendellos....teterete!!. Pero o outro día si que atopei algo novo, aínda que sinceramente, preferiría non habermo atopado. Era unha noticia, (evidentemente, que vai saír nun periódico) moi curiosa. O titular dicía así: "O Psoe de Agolada pide a dimisión se dous concelleiros". Fíxome graza e púxenme a ler un pouco máis o artigo, explicaba que estes dous personaxes dos que se pide a dimisión, que son o concelleiro de obras públicas e (pensativo......) non me acordo agora mesmo cal máis gastarán dende teléfonos móbiles do concello 900€ en chamadas de teléfono a particulares, as súas respectivas empresas e a números das páxinas de atrás do periódico. Todo isto deume vergonza axea xa que para unha vez que sae Agolada nos medios, ten que falar dunha mamarrachada coma esta, aínda así os medios non teñen a culpa, eu segundo a miña opinión isto cheirame a choriceo, corrupción, e iso que teño o olfacto algo atrofiao jejeje... En fin dende logo, aínda non temos cartos para as festas, que están debendo 20.000€ do ano pasado, e gastan 900€ en teléfono, dende logo como e a xente.

14 pegadas

TECLEANDO

O outro día unha noticia que lin no periódico que me chamou a atención. Non ten moito que ver con Agolada, pero aínda así creo que vos será de interese. O titular decía que uns científicos de non sei de que Universidad descubriran que os teclados de ordenador teñen máis bacterias co sitio onde nos sentamolo cú no báter (non me acordo do nome). Esta noticia fíxome moita graza, porque ademais poñía que os teclados tiñan bacterias capaces de producir diarrea ou ata unha intoxicación. Dende que lin isto ultimamente, creo que incoscientemente ando con máis coidado de non andar tocandome (sen entender mal, que ten moitos sentidos) para non coller unha intoxicación, que xa me chega ben ca tos que teño. A verdade e que iste motivo e ben bo para deixar o blog, aínda que polo momento non o farei, e espero que tarde moito tempo en deixalo. Eu xa estiven meditando esta noticia, e o que me acaba de vir a cabeza e que me vaia lavar as máns de urxencia. Ata a próxima.
Quedademos cas imaxes que saquei de internet e comparadeas aínda que esa taza do retrete non dudo que teña moitas bacterias co teclado, polo menos neste caso.

8 pegadas

SERES ALIENÍGENAS?? - REFLEXIÓNS

O outro día un amigo meu, sacou ca súa cámara dixital e co obxectivo moi aberto esta foto. Estando na súa casa, vinlle a foto no ordenador e díxenlle que ma pasara. Para a miña sorpresa díxome que este era o ceo de Agolada, dende a súa terraza. Esta fotografía deume moito que pensar, que é o que vexo, non o sei, serán alienígenas?? ou senón qué???... nas súa naves espaciais véñennos invadir, Dios mío, QUE IMOS FACER!! traen a súa nave principal, con armas destructoras... pero, en serio, que coño é? estiven a reflexionar moito sobre esta imaxe, e no cheguei a unha conclusión clara pero parece como se alguén tivera o ollo posto e nós, para coidarnos e protexernos todo o tempo. Como se aí estiveran os nosos antepasados. Eu creo que calquera día un deses "puntiños" que vemos no ceo seremos nós e tamén teremos os ollos postos nos nosos fillos ou fillas, ou o que sexa, que máis dá. O que si saquei unha imaxe, pois ""bastante"" clara, aínda que non moi definida, non vos vou dicir qué é, pero unide algúns puntos, vos qué vedes?? AVISADE A TODO O MUNDO OS ALIENÍGENAS INVANDENNOS, SALVESE QUEN POIDA. jeje... (sinto se a imaxe non se ve moi ben así, sa cargades vese mellor.)