A actividade cultural no pobo de Agolada segue a medrar cada día máis, aínda que neste caso veña de fora. Unha coral da terra da pasta. Quero dicir, unha coral italiana.

A actividade cultural no pobo de Agolada segue a medrar cada día máis, aínda que neste caso veña de fora. Unha coral da terra da pasta. Quero dicir, unha coral italiana.
Por fin!! o verdadairo verán xa chegou. As altas temperaturas comezan e as piscinas a pesares das serias difucultades que tiveron tamén, xa abriron, os rapaces saen a rúa xogar e os vellos a terraza disfrutar... Así e o mundo de Agolada cando chega a estación preferida por case todos nós, o verán. Decidinme a publicar esta entrada porque aquí a verdade, poucos días se chega como digo no título os 30º de temperatura.
Hola de novo, sinto esta ausencia que sufriu o blog ultimamente, pero e que estivemos de festa, as nosas festas patronais, O SAN PEDRO. As mellores festas do mundo mundial.
Este ano houbo moitos problemas para podelas facer, sobre todo problemas de presuposto pero ao final foi todo un exitazo. Conseguiuse abrir un oco, polo menos, na miña axenda. Foron 3 días estupendos, cheos de diversión e ilusión a mellor forma de comezalo verán.
Aínda que haino que dicir todo, e hai que recoñecer que as festas este ano foron algo desorganizadas, sobre todo en temas como os horarios que non se poñian dacordo, a pesares de todo haille que dar as grazas a pequena comisión de festas, improvisada a última hora xa que fixeron un labor estupenda pero como din por ahí, mentres que haxa alguén que manteña unha idea, esa idea tira para diante, e iso foi o que pasou aquí.
Nesta entrada tamén quería aproveitar para correxir o meu amigo blogueiro d´Agolada, e dicirlle que primeiro se asegure das cousas que di, xa que na súa entrada, aínda que tamén valora o traballo da comisión, pon que as festas foron un desastre pero querería que me contara por que lle pareceron un desastre.
En fin como din por ahí vale máis unha imaxe ca 1000 palabras así que quedades con este minireportaxe fotográfico.
Diseño de FCT | A Blogger por Blog Ingeniería