
Conta a lenda que no Castelo do Castro de Amarante, entre Agolada e Antas de Ulla, concretamente no forno da cociña principal, existe un pasadizo segredo que según contan leva ata o Monte Farelo a poucos kilómetros de ali.
Segundo a versión popular o castelo perteneceu a unha familia poderosa, que construíra o pasadizo co traballo dos seus escravos e ca idea de poder escapar por alí en caso de guerra ou loita, e fixeron ben, porque aínda que non se sabe moi ben a data este castelo foi derruido polos Irmandiños, foi volto a reconstruir e foi de novo desmouchado por orde dos reis Catóticos.
O castelo leva tempo abandonado polo que unha maleza de silvas e toxos apoderouse del. Pero a lenda segue viva... contase que un veciño do pobo deulle por soltar un capón polo pasadizo para ver que pasaba e os dous días o capón apareceu un pouco debilitado pola fame, pero apareceu no cume do Monte Farelo.
Agora vouvos contar a historia da meiga de Brántega.
Di a historia que uns mozos foran a unha festa, e que o volver para a casa, xa ben pasadas as 10 da noite se lles apareceu unha meiga, que tirou a un deles polo barranco abaixo. Os amigos intentarono axudar, pero eran tales os poderes da meiga que os acabou por tirar a todos. Según contan un deles logrou saír e foi avisar os veciños para ilos rescatar. Os mozos ían debiles con moitos cortes e mazaduras. Cando chegaron a casa preguntaronlles que lles pasara, e relataron polo miúdo todo o sucedido... que se a meiga... que se o barranco...
Lóxicamente ninguén os creeu, pero uns días máis tarde outros veciós tiveron encontro ca mesma meiga e o desenlace foi exactamente o mesmiño. Haberá bruxa en Brántega??????
En Agolada hai moitas lendas máis, como a da Reina Moura Marcela do Castro de Marcelín eu acabo de contar as más coñecidas... estes sucesos paranormais chamanme moito a atención non sei se que a xente se volve cada día máis tola ou se é verdade pero eu case que me decanto pola primeira...