Tamén podedes visitarme en... milenio is different

CRISE?? SI

Crise. Esa é a palabra que define o que está pasando en España. Polo que parece os nosos políticos sudalla, porque non fan nada para solucionala,e ademais estase agravando. Aquí a Agolada, non chega nada, nin o ADSL, nin un instituto, nada, nada que sexa bo, porque os efectos desta crise, xa chegaron, ou mellor dito, estanse notando moito. Ademais por culpa da folga de transportistas a nosa gasolinera, coma moitas outras do noso país, xa quedou sen gasoil, e polo que parece non queda demasiada gasolina imos xustísimos. Levamos sen gasoil dende o martes desta semana, ademais aquí como non debe ser un municipio importante, non veñen camións escoltados deses, e a xente coma miin, ten que facer 20km só para encher o deposito, xa que nos temos que desprazar a Lalín ou a Melide, sitio onde tamén se está esgotando.

Ista dos transportistas non so está causando molestias entre a xente senón que os nosos gandeiros levan todos estos días perdendo unha morea de cartos, xa que como a estes lles deu pola folga, non hai quen lles veña buscalo leite e teñena que derramos todolos días.

Dende aquí querolle dicir o goberno que é unha vergoña o que está pasando, e que por moi optimista que sexa o Sr. Zapatero ten que recoñecer que estamos en crise e darlle a razón a Raxoi por unha vez (só por unha que non a soe ter, tampouco Zapatero a ten pero bueno). Creo que falo en nome de todo o pobo cando digo:


QUEREMOS SOLUCIÓNS URXENTES

10 pegadas:

Os nenos dijo...

No de que queremos solucións urxentes estou de acordo contigo. Necesitámolas.

paideleo dijo...

O malo é que esta crise vai a máis porque o petróleo non baixará nunca e cada vez será máis escaso.
Haberá que cambiar TODOS os motores por eléctricos ou de hidróxeno.
Xa veremos o que nos depara o futuro...

Ana dijo...

Danos colaterales da folga,non hai gasoil,o leite tirase,a xentre compra a lo louco....
E si estamos en crise!
Queremos solucións, mais ninguén nos quita as futuras subas de prezos...

Bicos

Lapis-vermello dijo...

Si eu estou algo preocupada, e que o que está a pasar... Eu opino que débese solucionar o mais pronto posible. Bicos.

Fada Branca dijo...

e o goberno sen dicir que isto era unha crise ata hai ben pouco

Mar e Lúa dijo...

Espero que a cousa xa estea algo mellor por aí. Onde vivo agora, no leste do Estado, xa vai volvendo á normalidade pouco a pouco. Hoxe por fin atopei leituga morada no mercado e fruta que non parecía podre!! Do tema gasolina si que non che sei como está a situación...

En fin, que se isto xa che parece crise, espera a ver o que virá despois. Non entendo moito disto, pero teño a sensación de que a economía mundial pende dun fío. Vamos, que aínda que volvan recoller o leite tampouco estamos para tirar cohetes...

Apertas e paciencia, que é o que nos queda.

Eva dijo...

Estou de acordo en todo o que pos excepto en nunha cousa. Botaslle a culpa o goberno, e a crise do crudo e mundial. Estasen a ver prexudicados non so España senon tamen todos os países que compran crudo. O único que pode facer o goberno e que quero pensar que acabara facendo porque o crudo vai seguir subindo de prezo e sacarlle o alto porcentaxe de impostos que encarecen sustanciosamente o seu prezo. Pero ainda asi, a xente debe de concienciarse en alternativas, canto antes mellor, debería de empezar a apostar mais por vehículos híbridos de hidroxeno que xa se estan a fabricar. E iso e algo que si pode apoiar o goberno con subvencións entre outras cousas. Que conste que non e por defendelos, xa que como xa dixen por outros blogues se por min fose prescindiría de políticos e política, que baixo o meu punto de vista son trámites burocráticos. O final, e aquí mesmo tes o exemplo mais claro o que move o mundo son os cartos e os que os teñen. Os demais son monicreques a soldo.
Ademais aquí debemos ter en conta que a crise do crudo vese acrecentada pola crise inmobiliaria

Cuspedepita dijo...

As reservas de petróleo acabarán algún día, así que antes ou despois hanos estourar no fuciño aos humanos este globo. Sobre todo aos do primeiro mundo,porque despilfarramos coma se todo fose eterno.

Carlos Sousa dijo...

Crisis, claro que a hai, pero a nivel mundial, e a culpa xa sabemos de que é, non se pode depender só do petroleo, se vé que non interesan as enerxías alternativas.

Francisco dijo...

E aqui em Portugal consegue estar pior!

:(

Tenho cá a impressão que isto deve-se aos futuros (bolsa)... alguns poderosos ganham dinheiro de qualquer forma, sem etica.

Enfim...

Gostei do blog, voltarei.

Abraço.