ir a principal |
Ir a lateral
Xa a volta da esquina das eleccións, os nosos líderes aproveitan para facer os últimos retoques, e acabar de "enganar" a xente para que os vote . Non sei porque escribo este artigo porque aquí por moito que gañe PSOE ou PP, as cousas seguirán igual, non cambiará nada. É curioso observar os diferente punto de mira que ámbolos dous partidos políticos teñen, porque evidentemente, e como ultimamente se di por aí endiante, a nosa "Marioneta" o sea, Mariano Rajoy mostra certo pesimismo, se él fora o noso alcalde diría que está todo feito un asco, e non é así, en cambio o noso "Zapatón" ou Zapatero diría que, vai tirando, as cousas están ben, que tampouco é así. Aquí as cousas non melloran, empeoran un pouco, pero básicamente, seguen e seguirán como estaban. En canto o voto, cousa de cada un. Se se fixan un pouco é curiosa a facilidade que teñen os políticos para conxugar o verbo opoñer, e o inútiles que son para o verbo propoñer... quédense con está "coña" e xuzguen vostedes a Rajoy a Zapatero, tamén tedes a foto do debate do día 3 de marzo, que estuvo interesante... e curioso que ata tiveron que pedir máis tempo para os temas..
. vostedes que opinan do debate?
6 pegadas:
Si a verdade e que tiveron un debate tan, para min aburrido que non puiden cambiar de canle porque meu pai queríao ver, pero menudo aburrimento. Bicos
A mín dame o mesmo zapatero que rajoi,non vai con nós,galicia non foi mencionada,así que segue a valer o que berraba eu de nova,psoe e pp a mesma merda é..
saúdos e agradecida pola túa visita..
Non son simpatizante de ningún deles pero Rajoy baseou toda a sua oposición destes 4 anos e toda esta campaña na crispación, no insulto, no pesimismo, na mentira, na utilización partidista e repugnante do terrorismo. E só por eso non merece ser presidente deste pais.Apertas.
Moi bo artigo Dany, un dos mellores que escribiches, pero creo que en canto a Agolada te pasaches de positivo. Saúdos
Bueno mal por mal, me quedaré con o Zapatero.Por lo menos no es facha!
Graciñas pola visita.Bicos
Zapatero fixo moito nestes 4 anos a verdade.
Publicar un comentario