Tamén podedes visitarme en... milenio is different

CONCHERTO!!!!!!!!!

A actividade cultural no pobo de Agolada segue a medrar cada día máis, aínda que neste caso veña de fora. Unha coral da terra da pasta. Quero dicir, unha coral italiana.

" La Septtima Nota" así se chama o conxunto musical que chegou fai un par de días a nosa terra moitas ganas de coñecelo sitio e como non, deleitarnos coa súa música.A verdade é que non veu por vir, xa que esta actividade ven dada dun plan de intercambio, "Encontros Internacionais de Música Coral". A nosa coral foi a Italia fai un par de meses, perante unha semana, alí desfrutaron do turismo e actuaron na mesmesema Roma.Este proxecto de intercambio ten múltiples finalidades, como a amizade entre corais, visitas turísticas ou a promoción da música tradicional galega en Italia e outros puntos de Europa, xa que tamén a nosa coral fixera encontros con Francia.A verdade é que son dúas formacións ven distintas porque a coral italiana fai unha música moito máis espiritual e relaxada mentre que a coral de Agolada, aínda que cantan moi ben, nótase que somos galegos, jaja. Para rematar os nosos amigos italianos difrutarán de visitas a Santiago de Compostela, A Coruña ou Allariz, e o domingo voltarán para a súa terra.

8 pegadas:

tertulias para perogrullos dijo...

Foi unha pena que non os poidese ir ver jeje. Apertas

HADEX dijo...

Uhmmmm, a min encántame as corais....sempre que podo vou a velas. É o meu soño frustrado.
BicOs!

Eva dijo...

Cando sexa así a ver se nos podes pinchar un anaco de vídeo para que poidamos facernos unha idea máis sonora do concerto jejee.

fgul dijo...

...pois a min nunca me coincideu andar por esas terras. Haberá que facer unha escapada.

Raposo dijo...

Supoño que pasarían ben por esta terra, e comerían polbo e churrasco, como ten que ser.

Os nenos dijo...

Alédome moito de que vos fora visitar un grupo italiano.
Espèro que o pasarades ben.

Os nenos

Fada Branca dijo...

xa estou aquiiiiiiiiiiii

Anónimo dijo...

Aí, aí, os intercambios culturais son moi produtivos, e ademais coñécese mundo.